PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 6 de noviembre de 2020

Troquelamos follas outono en 5 anos

Hoxe atopámonos cunha nova sorpresa ao chegar á aula. 
Nesta ocasión o esquío Darío encheu a aula de follas.
Propúxonos unha nova actividade: troquelar follas de outono.


Primeiro tiñamos que dibuxar no chan unha forma xeométrica para cada equipo de traballo. Eliximos o cadrado, o triángulo e o círculo. Despois tiñamos que tirar un dado e barrer tantas follas como o número que saiu no dado. 

Unha vez conseguimos varias follas, comezou o troquelado. 
Tiramos novamente o dado e tiñamos que troquelar tantas follas como indicara o dado. 

Despois tamén xogamos a comparar números e aprendimos novos conceptos e símbolos matemáticos: maior que >, menor que <, e igual =. 

E finalmente plasmamos toda a actividade na ficha dunha árbore de outono, onde tiñamos que por en cada pola os números do 1 ao 6 e a súa correspondencia en follas troqueladas.  

Como vedes foi unha actividade moi completa, na que traballamos moitos conceptos matemáticos e destrezas finas. Ademais de ser divertidísima 😝

No hay comentarios:

Publicar un comentario