PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 19 de octubre de 2022

Aula informática en 4 anos

Este ano comezamos a subir a aula de informática durante unha hora semanal todos os martes.
Nesta aula os nenos/as poderán xogar de maneira individual o por parellas aos diferentes xogos educativos que lles propongamos.

Os obxectivos son: 

🔻Mellorar a coordinación óculo manual e a destreza motriz fina (co manexo do rato). 
🔻Reforzar contidos do currículo de maneira máis lúdica e motivadora. 

Ademais o traballo co ordenador permite respetar os distintos ritmos de aprendizaxe de cada alumno/a. 

E se  o traballo é en parellas, permite compartir coñecementos e chegar a acordos sobre as quendas do xogo. 

Este trimestre comezamos co xogo o "Búho Boo" 🦉

Deixo o enlace, por se tamén queredes practicar na casa. 

➡️ https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php

Recordade que cando xoguen co ordenador ou coa tablet:
 
🔹O tempo máximo será entre 30 ou 45 minutos diarios,
🔹sempre acompañados por un dos proxenitores que controle que non acceden a contidos inadecuados e poidan axudalos e 
🔹non é axeitado usalo unha hora antes ir a durmir. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario