PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 12 de octubre de 2022

Rincóns de aprendizaxe en 5 anos

Na nosa aula, moitas veces, traballamos por rincóns de aprendizaxe, que son espazos delimitados da aula nos que o alumnado traballa de maneira individual ou en pequeno grupo de maneira simultánea en diferentes actividades de aprendizaxe. Os rincóns de aprendizaxe son espazos onde o alumno/a investiga, interactúa entre sí, onde se fomenta a autonomía e se permite desenvolver a súa intelixencia e creatividade. Ademais o traballo por rincóns de aprendizaxe permite atender aos diferentes ritmos de aprendizaxe, intereses e motivacións do alumnado. 

Os rincóns de aprendizaxe que traballamos o martes pasado foron os seguintes:

✅ Rincón do pensamiento lóxico matemático, onde descompoñemos números.


✅ Rincón manipulativo, onde debullamos millo. 

✅ Rincón de atención, onde xogamos o dobble. 


✅ Rincón de lectoescritura, onde compuxemos palabras seguindo un modelo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario