PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 19 de octubre de 2022

Aula de informática en 5 anos

Este curso, ao igual co anterior, seguiremos acudindo durante unha hora semanal (os mércores) a aula de informática.

Pouco a pouco fomos aprendiendo como se acende e apaga o equipo informático e como se manexa o rato.

Ademais o ordenador en infantil permite reforzar os contidos do currículo de maneira máis lúdica e motivadora, traballar por parellas fomentándose así a colaboración e o intercambio de información entre iguaís, aumentar a autonomía do alumnado e respectar os diferentes ritmos de aprendizaxe do alumnado. 

Algúns consellos, cando xoguemos na casa coa tablet ou co ordenador son: 

🔻Non xogar unha hora antes de irse a durmir. 
🔻Non adicar máis de 60 minutos diarios. 
🔻Estar sempre baixo a supervisión dun dos proxenitores para controlar os contenidos aos que acceden e poder axudalos. 

Por petición popular, deíxovos os enlaces dos xogos que estamos a practicar durante este trimestre!!

➡️ Búho Boo: https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php

➡️ Tuberías locas: 
https://www.juegos.com/juego/tuberias-locas

➡️ Matemáticas Abn infantil: 
http://www.penyagolosaeduca.com/ca/infantil-abn/amp/
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario