PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 4 de octubre de 2022

Manualidades en 5 anos

Para decorar a nosa aula creamos un bonitos atrapasoños, que están colgados do teito da nosa aula. 
Os atrapasoños son uns obxectos étnicos compostos por un aro circular, sobre o que se tece unha rede en forma de tea de araña e que adoita estar decorado con plumas ou contas. É propio do pobo ojibwa, pobo nativo de América do Norte. Tradicionalmente eran considerados uns obxectos capaces de filtrar os soños, deixando pasar so os positivos e quedando atrapados os malos soños, que desaparecían coa luz da alba.


Ademáis, como fai uns días, comezamos a estación do outono, estampamos follas naturais outonais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario