PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 17 de octubre de 2022

Xogo "atrapa as pelotas" en 3 anos

Hoxe adicamos a sesión de psicomotricidade a xogar cos sacos.

Este material é moi motivador para o alumnado e o mesmo tempo permite traballar moitas habilidades neles/as:

➡️ Estimula o equilibrio
➡️ Promove a velocidade e a resistencia
➡️ Estimula a axilidade
➡️ Permite ao alumnado gañar confianza en sí mesmo. 

Nun primeiro momento, fixemos a clásica carreira de sacos, onde debían saltar cos pés xuntos. Nesta carreira ninguén gaña nin perde. O noso único obxectivo é chegar ao final do percorrido e se caemos volvemos intentalo ata conseguilo. 


Despois xogamos a "atrapa as pelotas", xogo onde esparcimos moitísimas pelotas pola aula e os rapaces/as debían ir saltando cos seus sacos por toda a aula e ir meténdoas dentro dos seus sacos.


Queredes velo en movemento? 


No hay comentarios:

Publicar un comentario