PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

sábado, 5 de diciembre de 2020

Pasamos lista en 5 anos

Hoxe vouvos amosar unha das rutinas diarias da nosa aula: como pasamos a lista.
Cada semana eliximos un encargado/a semanal, que é o encargado de pasar a lista, sinalar o día do calendario no que nos atopamos, facer o rexistro de alumnado da aula e o meteorolóxico. 
Ademais tamén se coloca de primeiro na fila e é o primeiro en participar nas actividades da aula e na toma de decisións. É dicir, que desempeña un rol moi importante durante toda a semana. 
Hoxe ademáis introducimos unha pequena novidade á hora de pasar a lista, fixemos a nosa propia mini aula coas nosas miniaturas. 

Que ben o pasamos esta semana facendo as fotos!! A cariña de ilusión cando hoxe viron o resultado, non me puido emocionar máis! 🔝

O encargado desta semana foi Artai. Tiña que pasar a lista, recoñecendo o nome dos seus compañeir@s nos carteis e preguntarlles si estaban no cole ou non. Si están dámoslle os bos días, pero si non están colocamos a súa miniatura no recanto de casa.
Despois, marcamos cantos nenos e nenas faltan na  aula e os sumamos.

Outra parte desta rutina e ver o tempo qué fai hoxe: metemos unha pedriña no seu bote correspondente e o final de mes facemos o rexistro meteorolóxico mensual.
Seguidamente sinalamos no calendario o mes no que estamos, vemos como se escribe, contamos o día no que nos atopamos, rodeámolo e sinalamos que día da semana que é.
Esta parte da rutina varía ás veces, porque en ocasións o resto do alumnado escribe nas súas pizarra os números ata chegar ao día no que nos atopamos, ou escriben o nome do mes e o día da semana...

Finalmente o encargado escribe o seu nome no panel luminoso de letras e elixe as emoticonas que lle gustan para decorar o cartel.


E con todo isto rematamos a nosa primeira rutina da aula. Pero deixamos todo preparado para a próxima encargada, que será Alba. 

Hoxe tamén rematamos o grafismo creativo de Nadal que iniciaramos onte. 
Nesta ocasión tiñamos que debuxar líneas verticais coas pinturas de témpera sólida (que lles encantan) e despois debuxar copiños de neve cos bastoncillos de limpiar os oídos. 
Despois recortamos as árbores feitas o día anterior e finalmente colocámoslle unha estrella de gomaeva, coronando a árbore. 



E por fin temos a nosa tarefa rematada, tardamos dous días, pero pasámolo xenial!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario