PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 9 de diciembre de 2020

Traballamos as emocións en 5 anos

Non sei se vos comentei nalgunha ocasión que este curso escolar o proxecto do noso colexio céntrase na saúde.
Trataremos este tema dende varias perspectivas: a saúde emocional, os hábitos de alimentación saudables e a actividade física como fonte de saúde e benestar.
Hoxe na aula de 5 anos comezamos a traballar a saúde emocional. 

En primeiro lugar tiñamos que identificar que emocións coñecemos e en que situacións as experimentamos. 

Para elo fixemos unha especie de mapa conceptual con todas as emocións que unha a unha foi dicindo o noso alumnado. Estas son as que identificaron os alumn@s: odio, amor, felicidade, rabia, soidade, envexa, alegría, tristeza, medo, furia e enfado. 

Despois as clasificamos en emocións negativas ou positivas. Explicando que cada unha de elas é necesaria para a noso benestar social, aínda que é convinte que haxa un maior dominio das positivas.

Para as emocións positivas puxemos a icona ✅ e para as negativas a seguinte icona ❌.
Unha vez clasificadas (e consensuadas entre todos) tiñamos que identificar as emocións e asocialas ás emoticonas da cariñas de whatsApp que mellor representasen dita emoción 😀. 

Por último, e isto foi o máis divertido de todo o día de hoxe, tiñamos que dramatizar esa emoción cunha cariña ou escena para plasmala nunha foto, que finalmente incorporaremos a un mural (aínda por realizar nos vindeiros días). Hubo moitas tomas falsas e risas. Mágoa que iso non podades velo!! Pero temos na aula grandes actores e actrices. 

Con esta actividade traballamos a empatía, o benestar emocional, as expresións faciais e a creatividade, entre outras cousas. 

De momento podedes ver as pequenas montaxes que incorporaremos ao noso mural: “Diccionario de emocións". 





Ademáis hoxe, aproveitando a decoración tan espectacular do noso cole (que fixo o ANPA), aproveitamos para facernos unhas fotos navideñas durante o tempo de lecer.

Grazas ANPA por converter o noso cole nun lugar tan máxico!! CADA ANO SUPÉRADEVOS MÁIS E MÁIS!! 😉
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario