PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 1 de diciembre de 2020

Prantamos allos e xogo tipo tetris na aula, de 5 anos

Hoxe fomos á horta do noso cole a prantar allos. Descubrimos o seu olor, que era un pouco forte. Aprendemos tamén que para poder prantalos hai que coller só un dente do allo e mételo na terra pola parte da raíz. Pero ó mellor de todo foi descubrir miñocas na terra, cando estábamos prantando. Aprendemos que son moi necesarias para proporcionar osíxeno ás prantas e ademáis podemos collelas e tocalas, con moito coidado.

Ademáis tamén continuamos XOGANDO co tetris na aula.


Nesta ocasión tiñamos que lanzar o dado e buscar a peza que nos saíse e despois debuxala no noso encerado. Ademais plasmamos o xogo nunha ficha do libro "A contar". 

Trátase dunha tarefa bastante complexa porque teñen que reproducir o modelo, respectando as posicións para que as pezas queden como as do xogo, facendo cadrados moi simétricos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario