PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 3 de diciembre de 2020

Grafismo creativo: Árbore Nadal en 5 anos

Hoxe tocaba sesión de grafismo creativo. Unha das actividades favoritas deste curso ☺️. 

Nesta ocasión íamos decorar unha árbore Nadal coas cores do Nadal: dorado, prateado, verde e vermello.

Este grafismo farémolo en dúas ou tres sesións. Na sesión de hoxe tiñamos que decorar os diferentes segmentos da árbore con grafismos variados: espirais, estrelas, líneas horizontais e verticais, bucles, puntiños, círculos cadadros, líneas quebradas, círculos concéntricos...


Primeiro practicamos no encerado e logo comenzamos a facelo na ficha. A medida que íamos avanzando o alumnado tiña novas ideas, que compartía cos seus compañeir@s: mesturar cores nos grafismos para facelos máis bonitos, facer debuxos de agasallos (dado que implican diferentes grafismos: un cadrado, unha línea vertical e outra línea horizontal e dous bucles para os laciños), facer estrelas (mesturando o grafismo da cruz e da aspa)...
Xurdiron ideas xeniaís!!

Ásí de bonito quedou a primeira parte deste grafismo.

1 comentario: