PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 3 de diciembre de 2020

Visitamos o horto en infantil

Esta semana o alumnado de infantil fomos á horta do colexio a sementar allos e chícharos.
O primeiro día prantamos dentes de allo e descubrimos moitas miñocas entre a terra, e aprendimos que son moi importantes para remexer a terra e proporcionarlle osíxeno ás prantas.
O segundo día fomos sementar chícharos. Nesta ocasión tivemos que preparar a terra, antes de prantar. Hubo que botarlle abono de cabalo, remexer ben a terra e logo facer uns pequenos buracos para meter os chícharos. 
Estas experiencias son fundamentais para traballar o coidado e respecto á natureza, así como os hábitos para unha alimentación sana, que este curso estamos a traballar no proxecto do colexio, que versa sobre a saúde.

Podedes ver a experiencia completa no seguinte vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario