PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 17 de diciembre de 2020

Recollida cartas Papá Noel e adornos Nadal en 5 anos

Hoxe xoves cando chegamos ao colexio vimos que aínda non viñeran recoller as nosas cartas ao buzón de Papá Noel porque a palanca do buzón seguía cara arriba (todos o días miramos para vela) pero para sorpresa nosa, cando saímos ao patio e pasamos diante do buzón, a palanca do buzón estaba baixada. Así que abrimos o buzón moi emocionados para confirmar que estaba baleiro e efectivamente xa non estaban as nosas cartas.
Alguén da aula dixo que mentras estábamos en clase escoitou un ruido, así que deduxemos que pasara un elfo navideño a recollelas, pero ninguén o conseguiu ver.

Además hoxe tamén estivemos decorando os sobres das cartas dos Reis Magos. Dobramos as cartas en dúas partes e libremente o alumnado pegou gómets de estrelas e cinta whasi tapes ao gusto.   

Agora xa temos as cartas preparadas para que o día 22, cando veñan de visita os Reis ao colexio, poder depositalas no seu buzón real.

Finalmente rematamos coas decoracións navideñas, facendo unhas bolas de Nadal, reciclando e aproveitando o cartón dunhas caixas vellas. Nesta ocasión, empregamos a técnica da estampación de figuras e logo con moito coidado, decoramos con brillantes, abalorios, whasi tapes, gómets e debuxando líneas de cores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario