PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 8 de enero de 2021

Regalos Nadal en 5 anos

Hoxe ao voltar á aula despois das vacacións de Nadal, atopámonos cos agasallos qué nos deixara Papá Noel e os Reis Magos. Moi emocionados abrímolos axiña. Trátabase dunha barbacoa e un novo Planeta Terra (hinchable) para poder celebrar os nosos aniversarios. 


Tamén estrenamos un novo calendario para este 2021, nel temos que escribir o nome do mes no que nos atopamos e días do mes. O encargado desta semana, Gabriel, foi quen o fixo. 

Despois, como tiñamos moitas ganas de estrenar os xoguetes novos, organizamos a aula en rincóns para usar eses xoguetes e os outros xogos da aula. 
Os rincóns de hoxe foron xogos de lóxica e razoamento (xogo día e noito, xogo cars, xogo Carapuchiña vermella e sudoku), xogos de imitación (cociña e barbacoa) e rincón artístico (debuxo e avións de papel). 

Foi unha volta xenial ao cole!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario