PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 20 de enero de 2021

Benvida a nova compañeira da aula e origami en 5 anos

Hoxe por fin veu a nosa nova compañeira á aula.
Resulta que na actividade dos propósitos que desexamos para este 2021 pedimos que viñeran novos compañeir@s á aula. E por fin ese propósito cumpriuse hoxe.
A ver se temos sorte e cúmprense todos os demais!!!

Para darlle a benvida decidimos que cada nen@ lle regalaría un xoguete da súa caixa de traballo persoal: déronlle peluches, coches, animais, moldes de plastilina... Conseguiu tantas cousas que Nayara moi agradecida deulle aos seus compañeiros tamén algúns dos seus xoguetes da súa caixa persoal.

Tamén lle fixemos carteis de benvida nas nosas pizarras.  

Para rematar a mañá fixemos unha actividade de origami: creamos un barquiño de papel para colocar no mural da Paz. 

Con esta actividade traballamos a destreza óculo manual, a paciencia, a axilidade mental, a destreza e precisión motriz, a orientación espacial e o seguimento de ordes.
 
 
Hoxe só nos deu tempo de facer o barquiño pero mañá decorarémolo ao noso gusto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario