PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 27 de enero de 2021

Pensamos un título para as nosas receitas saudables en 5 anos

Hoxe decidimos os títulos das nosas recetas saudables.


Individualmente fomos pensando como titular as receitas e escribiendo no encerado da aula. Logo por grupos decidieron e votaron cal era o que máis lles gustaba porque reflexaba mellor o que fixemos nesa receita. 
Con esta actividade votamos e decidimos de forma democrática, sen conflictos e respectando as opinións dos demais compañeiros/as. 

 
Tamén comezamos a escribir a nosa receita.  Vemos as partes que compoñen as receitas : o título, os ingredientes e o modo de preparación. Ademais fomos elixindo as fotos de todo o proceso para facer un libro de cociña saudable para o proxecto do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario