PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 19 de enero de 2021

Cociña divertida en 5 anos

Aproveitando que estamos na semana da froita, hoxe fixemos unha receita con ela para comer a froita dun xeito máis divertido.
A nosa idea era facer unhas xirafas empregando plátanos e mazas. 


Así que cos elementos que dispoñiamos e coa nosa imaxinación, puxémonos a preparala. 

Cortamos as pezas de mazá como se fose herba e os plátanos dándolle forma ás xirafas. 
Velaquí o noso resultado!! 

Ademáis rematamos de ver os frascos de recordos do día da Paz. Agora so temos que crear as etiquetas coa emoción que nos provocan eses recordos e os nomes do alumnado. 
 
Finalmente fixemos unha ficha de asociación de figuras de xadrez e a súa sombra, uníndoas con frechas feitas cuns rotuladores máxicos, que teñen dúas puntas e cambian de cor, segundo as empregamos. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario