PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 26 de enero de 2021

Segunda receta saudable e desexos encargados da aula en 5 anos

Hoxe fixemos unha segunda receita saudable coa froita da semana da foia no colexio. Nesta ocasión empregamos prátano, mazás e mandarinas para crear un día chuvioso.

O alumnado pelou as pezas da fruta, separou os trozos da mandarina para facer o paraguas e cunha palliña creamos a asa do mesmo. Logo cortou o prátano para crear as nubes e a mazá cortada en dadiños para facer un verme. 



Outra das actividades de hoxe, partindo da idea da miña sustituta Andrea, foi continuar coas frases dos encargados. Dado que non tiñamos suficientes frases para completar un ciclo completo para que todo o alumnado tivese un desexo cando lle tocase ser encargado (faltábannos 4 frasea). 
A idea era converter as cousas negativas que lle dicían os nenos/as do conto de Orellas de Bolboreta  a Mara en cousas bonitas. 
Así creamos as frases e desexos para os encargados da aula. Cada semana o encargado/a escolle un e o le en voz alta aos seus compañeiros. 

Por equipos decidieron o que querían desexarlle, logo reproducíronno individualmente nas súas pizarras e finalmente en grupo o escribiron nun anaquiño de papel, que logo decoraron. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario