PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 25 de enero de 2021

Rematado o grafismo creativo e colocación botes mural Paz en 5 anos

Hoxe rematamos o grafismo creativo das folerpas de neve.  Ademais aprendimos esta nova palabra en galego. 

 

Remataron de pintar o marco, debuxando pedras de cores e crearon a súas propias folerpas, facendo aspas cos rotuladores.


Tamén fomos colocar os nosos botes dos recordos ao mural da Paz. Moitísimos grazas a todas ás familias polo traballo tan maravilloso que fixechedes nas vosas casas!!!

E vimos que bonitas quedaron as ondas do mar e os barcos que eles crearon. Pero  tamén descubrimos as letras e o fondo mariño que fixeron as outras aulas de infantil.  

Finalmente tivemos tempo de xogo libre por equipos. Aquí podedes ver unha foto, duns dos xogos favoritos deste curso: a jenga, que nesta ocasión foi elixido polo equipo dos búhos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario