PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 6 de mayo de 2021

Kiosko en 5 anos

Hoxe iniciámonos no uso das monedas de 1€ e 2€ e no símbolo da nosa moeda (o euro €). 
Para elo creamos un mini kiosko na aula, con diversos productos que podemos mercar nel.

A cada alumno dabamoslle 5 euros, repartidos en:
➡️ 5 moedas de 1€
➡️ en dúas moedas de 2€ e unha de 1€
➡️ ou 3 moedas de 1€  e unha moeda de 2€.

O alumnado ía ao kiosko e mercaba cantos productos quixese pero debía fixarse no prezo de cada un dos productos e na cantidade de moedas que tiña. 

Traballamos así operacións de suma e resta.

Logo fixemos unhas fichas relacionadas con esta actividade do noso cuaderno de mates manipulativas Canicas. 

Na ficha primeira ficha unha avoa e o seu neto ían ao Kiosko con 3 moedas dun euro cada un, logo, tiñan que fixarse que mercaban e o prezo dese producto e debuxar no seu bolso ou mochila o diñeiro que lles quedaba. 

Na segunda ficha tiñamos que organizarlle unha festa de aniversario a Miguel (que é o seguinte neno en cumprir 6 anos na aula) e calcular canto diñeiro nos gastabamos para mercarlle determinados obxectos. 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario