PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 12 de mayo de 2021

Maios en 5 anos

Hoxe chegou o día de decorar o noso maio!!!!!! 
Fomos o patio de infantil para separar as flores recollida polas familias e con elas facer cadenetas decorativas (qué decorarán o noso maio). Logo cubrimos a estructura do maio con fiuncho e xestas.



Como foi unha actividade tan divertida, despois do tempo de lecer, decidimos crear as nosas propias diademas, coronas, pulseiras e collares florais, que levamos á casa. 



Ademais, aproveitando que hoxe non chovía, no tempo de lecer decidimos xogar o xogo das caderas solidarias, basado no clásico xogo das cadeiras, pero nesta ocasión non se eliminaba a ninguén, senón que compartíamos as cadeiras, cando alguén quedaba sen unha. 

Un xogo pensado, porque hoxe tiñamos unha nova compañeira de aula, que queríamos que se sentise integrada na nosa aula. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario