PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 25 de mayo de 2021

Medidas en 5 anos

Hoxe saímos ao patio para iniciarnos nesta actividade, pero como non nos deu tempo, rematámola na aula.


Traballamos con diferentes unidades de medida. A actividade consistía en medirnos a nos e algún compañeiro/a empregando as  nosas mans, pés e o metro, regra ou cinta métrica.


Traballamos en equipo, axudándonos os uns aos outros, pois para poder medirnos a nos mesmos, temos que recurrir á axuda dalgún amigo/a. 

Tamén lemos o conto o mundo de Bruna, unha historia sobre o bullying que padece unha nena chamada Bruna no colexio, por parte de Lula, unha antiga amiga súa. Bruna era unha nena brillante, sempre alegre, pero que de súpeto comeza a volverse gris, triste e que non quere voltar ao colexio. 
Un conto que nos mostra perfectamente como se senten os nenos que padecen bullying e como podemos axudalos. 

Reflexionamos sobre o conto e que poderiamos facer nos, se algunha vez, algún neno/a nos fixese sentir así, a quen acudiríamos a pedir axuda... O máis curioso foi que a maioría dos nenos/as da aula pensaban que unha solución podía ser que Bruna cambiase de colexio e ningún pensou que a que debía cambiar de cole era Lula. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario