PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 11 de mayo de 2021

Obras Xela Arias en 5 anos

Fai uns días ensinei este novo rincón da asamblea: o bote das hipóteses. Está resultando ser moito máis motivador do que eu pensaba. Nun principio a hipótese era só para o encargado/a da aula pero todos queren participar, así que agora todos dan a súas hipoteses, con respostas moi orixinais e razoadas, favorecendo así a súa creatividade, razoamento e pensamiento crítico. Velaquí a hipótese de hoxe. 
Que pasaría se... o chan fose de algodón. 

Ademáis esta semana seguimos traballando e coñecendo a protagonista deste ano das Letras Galegas. 
Onte descubrimos que Xela Arias gañou un premio de relatos con 11 anos. Hoxe limos un fragmento desa historia "A fraga dos paxaros falantes e a fraga leopardicia".


Tamén averiguamos onte que Xela, ademais de ser escritora, foi profesora de instituto e traductora. 
Non coñeciamos o traballo dos traductores e aprendimos que son todas as persoas que traducen os contos e libros ao noso idioma.
Xela traduciu moitos libros. Hoxe coñecemos unha desas traduccións "A trabucar historias" do libro de Gianni Rodari "Contos ao teléfono", centrado nun avó que lle conta a súa neta o conto de Carapuchiña vermella pero trabucase todo o tempo, no canto de lobo aparece unha xirafa, carapuchina vai ver a súa avoa para levarlle tomates, a súa carapucha é negra ou verde... . Trátase dunha historia moi divertida.

 
Ademais fixemos un traballo de pintado con sal, relacionado con outro protagonista dunha historia de Xela, un peixe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario