PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 3 de mayo de 2021

Proxecto saúde en 5 anos

Hoxe traballamos a pirámide alimentaria, aproveitando a pirámide que construiron os nosos compañeiros de 1° e 2° primaria.

Analizamos os diferentes niveis e os alimentos que están en cada un. 


Aprendemos cales son os alimentos máis saudables e cales debemos evitar. 
Organizamos os alimentos por frecuencia de consumo: diariamente, frecuentemente e ocasionalmente. 

Para afianzar este conceptos creamos un xogo por rincóns, nos que establecemos 3 espazo diferenciados: 

✔️o supermercado 
✔️a cociña 
✔️o restaurante 


Cada equipo, por quendas e rotativamente, pasará polos tres epazos, tentando crear pratos saudables. 



Finalmente despois da merenda aproveitamos para clasificar a nosa merenda na pirámide.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario