PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 14 de mayo de 2021

Letras Galegas e Maios en 5 anos

Hoxe rematamos a semana das Letras Galegas, que este ano titulamos "Emociónate cos maios de Xela Arias". 

Comezamos a xornada visitando o nosos Maios, nos que durante estes días tanto estivemos a traballar.

Despois na aula, como era venres, tocaba informática. Hoxe non puidemos subir ao aula porque estaba ocupada cunha actividade de 6°de Primaria, pero fixemos dous xogos de Xela Arias no ordenador da nosa aula.

➡️ https://view.genial.ly/608d1e81d673050d1588496b/presentation-ceip-illas-cies-letras-galegas-2021-xelas-arias

➡️ https://view.genial.ly/60084908308af00d80bac3d6


  
Tamén fixemos un xogo de descifrar unha mensaxe segreda, relacionada cosas Letras Galegas. 


E démoslle algúns agasallos da nosa cesta de traballo a nova compañeira Valeria, para que se sentise moi ben acollida. 


No seguinte vídeo podedes ver un resumo da actividade dos Maios, con todos os traballos que estevimos facendo ao longo da semana. 

Grazas a todas ás familias pola súa colaboración!! 
Disfutade destes días de vacacións e vémonos o mércores 19 con moitas máis actividades!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario