PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 26 de abril de 2020

ACTIVIDADES DO 27 AO 30 DE ABRIL. 5 ANOS

Antes de comezar coas tarefas, podedes ver este vídeo das actividades que fixestes esta semana. Quero felicitarvos a tod@s polo ben que estades traballando nas vosas casas. Sodes uns artistas!



Esta semana podedes facer as seguintes tareas:

1. Inventar un conto no que apareza algún personaxe ou obxecto destas cartas. O nen@ debe mirar atentamente estas cartas e escoller as que máis lle gusten. Poden aparecer outros personaxes que non estean nas cartas. O papel do adulto neste xogo é o de axudar a construír a historia, no caso de que ao nen@ lle resulte complicado. Pode comezar o nen@ a contar e o adulto vai dicindo algunha frase para darlle algunhas ideas pero deixando que o nen@ empregue a súa imaxinación e fantasía. Non esquezades poñerlle un título. Se ten algún disfraz na casa tamén se pode disfrazar para que sexa máis divertido.

cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ...cartas para inventar cuentos - Glòria P - Àlbums web de Picasa ...cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ... cartas para inventar cuentos - Glòria P - Álbumes web de Picasa ...
2. Figuras xeométricas. Repasamos as figuras xeométricas con este vídeo.
A continuación busca pola casa obxectos que teñan forma de triángulo, rectángulo, cadrado, círculo...


Logo podes escoller entre estas opcións:
-Debuxar obxectos que teñan esas formas xeométricas. Podes debuxar os que aparecen no vídeo ou outros. Tamén podes copiar o nome das figuras xeométricas que aparecen no vídeo.
-A partir dunha figura xeométrica, debuxar en qué se pode converter. Por exemplo un círculo nun sol.
-Crear un debuxo empregando varias figuras xeométricas. Neste vídeo podes ver algunha idea.


Tamén podes facer as formas xeométricas con plastilina (máis abaixo deixo o experimento) ou facer as formas xeométricas con sellos, elaborados con rollos de papel hixiénico (darlle forma coa axuda do adulto) e logo realizar estampacións no papel.




3. Abecedario. Mira este vídeo para repasar as letras, os sons das letras e  practicar a grafía das letras maiusculas.
Podemos xogar a dicir palabras que comecen por ese son ou letra, incidindo moito no son da letra.
Contar as sílabas da palabra con palmadas.
Xogar ao "vexo, vexo" con cousas da casa que teñan o son que digamos e que estean á vista.


Podes descargar a plantilla das letras para xogar a formar palabras, formar o  teu nome, o d@s compañeir@s... Logo podes copialos nun papel.
http://papelisimo.es/wp-content/uploads/2015/02/ABECEDARIO-RECORTAR.jpg

4. Experimento: Facer plastilina casera. Os ingredientes que precisamos son fariña, sal, aceite e auga. Aquí vos deixo un vídeo de como facela se queredes.


AVISO IMPORTANTE:

Infórmovos que a vindeira semana as actividades estarán propostas polo equipo das TIC do colexio e serán actividades para conmemorar o día de Europa que é o día 9 de maio e as actividades da seguinte semana é dicir, dende o día 11 ata o 17 de maio, serán organizadas polo Equipo de dinamización da lingua galega e tratarán sobre as Letras Galegas que se celebra o día 17 de maio.
Nestas dúas semanas publicarei algunha recomendación para traballar na casa sobre contos, conceptos básicos, cancións... para non romper a rutina establecida.
A partir da próxima semana as actividades propostas polos especialistas de música e inglés, serán programadas quincenalmente na web.

Tamén vos informo que na Web do cole, no apartado de orientación, atoparedes uns consellos e un conto sobre o desconfinamento.

Grazas e moito ánimo!






No hay comentarios:

Publicar un comentario