PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 19 de abril de 2020

Actividades semana do 20 ao 24 abril para 4 anos. Mestra Mónica

Bos días, seguimos unha semana máis confinados nas nosas casas, pero debemos manter unha actitude positiva e pensar que xa nos queda un día menos para superar esta situación. 
Dende a miña casa mándovos moito ánimo, apertas e bicos a tod@s os alumn@s e as súas familias e felicítovos polo ben que o estades a facer. 

1. A primeira actividade que vos propoñemos e escoitar o conto "un becho estrano", da editorial kalandraka. Despois podedes crear o voso propio becho raro, empregando diversos materiais: cartolina, plastilina, debuxo libre, acualeras, mosaico.



                      
Neste vídeo podedes ver o conto narrado por min, aínda que non teño o conto físicamente na miña casa e por iso soamente podedes escoitar a miña voz e ver as imaxes do conto. 


Aquí vos deixo outro vídeo do conto,  desta volta narrado pola pedagoga sevillana Eva María García. 


Agora vos propoñemos resolver un problema relacionado co conto. O problema é o seguinte: "se o rato tiña 6 pelos no seu bigote e o vento levouse 4 peliños do bigote, cántos pelos no bigote lle quedaron?" 

Podemos plantear este problema moitas veces para practicar máis veces e afianzar o proceso, cambiando o número de pelos do bigote e o número de pelos que perdeu o rato co vento. 
Debemos resolver o problema de maneira manipulativa, deste xeito, o alumnado poderá elixir palillos, palliñas, macarróns, lápices de cores, cordeis, la ou calqueira outro material, que teñades na casa, para resolver o problema. Debemos deixar que sexa o propio alumno/a o que elixa o material que quere empregar e o que resolva a situación, sen a nosa axuda. Aínda que plantexen a situación de forma errónea, non debemos axudalos pero sí guialos no proceso.
A continuación déixovos ás familias unha mostra e breve explicación de cómo podedes facelo, para que sexan os propios nenos/as, por si mesmos, os que cheguen á solución do problema,  empregando o método de ensaio error. 


2. Tangram rato. Comezaremos explicando que é un tangram. Un tangram é un antigo xogo chino que significa “os sete tableros da astucia”, e consiste en formar siluetas de figuras coas súas sete pezas (1 cadrado, 2 triángulos pequenos, 1 triángulo mediano, 2 triángulos grandes e 1 romboide) , chamadas tans. Un tangram pode ser de calqueira tamaño, pero sempre hai que respetar as figuras, todas saen dun cadrado.

Podedes ver este vídeo para crear o voso propio tangram.  Podedes empregar un folio, papeis de cores, cartolinas, goma Eva, caixas de galletas ou cereais... Despois podedes decoralo ao voso gusto, pintando con puntiños de cores, raias, purpurina ou o que a vosa imaxinación vos diga.


Finalmente debedes intentar crear esta figura dun rato (como o protagonista do conto "un becho estrano" ), coas 7 pezas do tangram.

Aquí podedes ver a resposta do tangram. 


3. Circuitos animais. A continuación vos mostro varias propostas para facer un pouco de exercicio físico na vosa casa a través de diferentes circuitos moi breves. Estes circuitos son unha proposta de Silverio García Conesa, graduado en CAFD. Trátase de xogos divertidos e moi fáciles de facer na casa.
  • Calentamento de animais: damos 2 voltas polo corredoiro, no salón ou na habitación como se fosemos diversos animais. Sabedes como calentan os animais?: explicarlle ao pequenos que cada animal se move de forma diferente e que vamos a andar cómo eles polo corredoiro, salón ou dormitorio.
 - O pingüino 🐧: andaremos como un pingüino cos pes xuntos polo lugar elexido, debemos xuntar os talóns e intentar andar separándos o menos posible.
- O elefante🐘: estiramos un brazo diante da cara, pasamos o outro brazo por debaixo do estirado e dobramos o codo para intentar collernos o nariz, deste xeito o brazo estirado queda suxeto co outro brazo e utilizarémolo de trompa.
- O tigre🐅: andamos a gatas mentras ruximos.
- O canguro🦘: damos saltos fortes coas dúas pernas.
-A ranita🐸: damos saltitos pequenos cos pes xuntos.
  • O zoo: agora andaremos polo corredoiro co neno/a e cando digamos un animal dos anteriores hai que ir facendo o animal ata chegar a un lugar marcado ou persona. Podemos facer unha especie de laberinto para que sexa máis divertido. 
 

4. Día do Libro. Para conmemorar o día do libro, suxiro dúas actividades. Por unha banda, que faledes cos vosos fillos/as para preguntarlles cal é o seu conto favorito, porque lles gusta tanto, cal é o protagonista do conto e que nos conten brevemente o seu argumento. Podedes crear un pequeno vídeo ou grabar un audio tipo podcast, recomendándonos o seu conto ou explicando o seu argumento.

Por outra banda, crearemos o noso propio marcapáxinas coa técnica do tie dye. Necesitamos cartolinas ou papel, rotuladores e alcohol.   Debuxamos unhas flores facendo círculos concéntricos e despois botámoslle unhas gotas de alcohol no centro do debuxo (añadide o alcohol gota a gota, segundo necesitedes) . 

 

Aquí vos deixo o vídeo coa miña manualidade!!

                   

5. Xogo de luz.   Trátase dunha actividade de experimentación e exploración. Dunha maneira lúdica o alumnado descubrirá as mezclas que se produce nas cores e como cambian as tonalidades das cores coa luz do sol.
No seguinte vídeo podedes ver cómo se fai.


Por último recordarvos que o 23 de abril e o cumple de Nahuel, que por fin cumple 5 anos.  Para celebralo, dado que é o día do libro, propóñovos que lle fagades algunha manualidade personalizada ou ben que lle regaledes o marcapáxinas que fixéchedes esta semana para conmemorar o Día do Libro.

ATENCIÓN NON VER O VÍDEO ATA O 23 DE ABRIL⛔.



No hay comentarios:

Publicar un comentario