PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 26 de abril de 2020

Actividades do 27 ao 30 de abril. 4 anos. Mestra Mónica

Bos días familias, unha semana máis seguimos intentando facer un pouco máis amena está situación de confinamiento que estamos a vivir. Para esta semana propóñovos traballar un pouquiño os números e a actividade física, todo elo a través de manualidades, xogos e contos.  Intentando favorecer así a saúde mental do noso alumnado e potenciar así uns hábitos de vida saudables. 
As miñas propostas para esta semana son:
  • A primeira actividade chámase o vaso máxico: Esta actividade foi proposta por "Casa de fieras", que é un clube social, que potencia a creatividade e as emocións nos máis pequenos. Para realizar esta actividade necesitamos un vaso, un recipiente, auga, unha lámina con números e debuxos (que podemos crear nós mesmos) e colorante ou tempera líquida. O alumnado vai alucinar cando descobran que poder ver, con tan só un vaso, a través dun líquido totalmente ópaco. 
Podemos facer a actividade practicando con números do 1 ao 10 ou do 1 ao 20, segundo o nivel de coñecemento dos vosos fillos/as. Tamén podedes facer esta actividade coas letras dos nomes dos compañeiros/as ou con debuxos para que eles localicen os debuxos que comezan por unha determinada letra. 

Neste vídeo podedes ver como se fai. É moi divertido!! 


Agora podedes ver a actividade feita por min na miña casa. Espero que vos guste!! 👍🏻🏠🌈


  • A segunda actividade que vos propoño son xogos psicomotrices. Podedes facelos todos ou só aqueles que sexan máis motivadores para os vosos fillos/as. Aquí están as miñas propostas. 
1. Xogo “Canasta”Tumbados boca arriba no chan collemos unha pelota ou obxecto cos pés e, levantando as pernas, intentamos encestar nunha papeleira ou recipiente que teremos detrás da cabeza. 


2. Xogo  “Pasamos o globo”: Facemos unha fila no chan tumbados boca arriba coas pernas abertas, polo que a nosa cabeza queda apoiada entre as pernas do nos@ compañeir@. @ últim@ da fila colle coas pernas un globo ou obxecto e, levantando as pernas, pásallo ao seu compañeir@ de detrás. Repetimos ata chegar ao primeiro da fila.  

3. Xogo “o laberinto": Debuxamos no chan un laberinto con cinta ou con xiz e cunha pelota o neno/a debe atopar a saída. 




4. Equilibrio sobre líneas: Podemos poñer cinta de carrocero ou adhesiva no chan e pedirlles que fagan distintos desplazamientos: avanzar saltando cos  pes xuntos, cos pes separados e sen tocar a cinta, avanzar cun pe diante de outro...


5. Xogo saltos: Camiñar entre as cintas sen pisalas. Saltar sen tocalas. Dar un salto e ver ata onde chegamos.



  • A terceira actividade está relacionada co conto "Por el camino": Escoitamos o conto cantado por Tamara Campos  (educadora infantil) e practicamos o trazo dos diversos números que saen no conto. 


 Para facer os trazos de maneira máis divertida, podedes crear una bandeixa sensorial (enchendo unha caixa ou bandeixa con azucre, sal ou fariña ou a bandexa do forno chea de xabón (con espuma do pelo ou de afeitar conséguese unha espuma máis densa).



  • A cuarta, actividade é crear unha manualidade da primaveira. O pasado 20 de marzo xa chegou a estación da primavera ao noso hemisferio e, por iso, propóñovos unha manualidade para que o alumnado poda dar saída a toda a súa creatividade e imaxinación. Deben crear unha flor ou unha árbore frorecida, utilizando pasta ou diferentes materiais q teñades na casa. Aquí vos deixo algunhas ideas, que vos poder servir de inspiración.
 


 




Por último non esquezamos que o martes 28 de abril é o cumple de Julia e podemos felicitala e facerlle unha manualidade ou regalarlle a manualidade da primaveira que fixemos esta semana.   

👀 Non ver o vídeo ata o 28 de abril.!!

                 

Para rematar, catro avisos importantes: 

1. As actividades da próxima semana estarán todas propostas polo equipo das Tics do noso colexio, e teñen por obxecto conmemorar o Día de Europa, que se celebra o 9 de maio.
Ademáis as actividades do 11 ao 15 de maio versarán sobre as Letras Galegas (que é o 17 de maio) e serán propostas polo Equipo de dinamización de galego. 


2. Durante esas dúas semanas dende as titoras colgaremos contos, cancións e enlaces de  recursos online para traballar hábitos, rutinas e conceptos básicos.   

3. partires da próxima semana as actividades propostas polos diferentes especialistas (música e inglés) serán programadas quincenalmente e non por semanas. 

4. Coma sempre, podedes mandar fotos, vídeos ou calqueira comentario desas actividades e das actividades propostas polo equipos de Tics e dinamización  de galego ao correo electrónico de infantil:
* pequescies@gmail.com 
* ou o meu whatsapp. 

Pásade unha boa semana!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario