PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 14 de abril de 2020

Actividades 4 anos. Semana do 14 ao 17 de abril. Mestra Mónica

Comezamos a semana traballando un pouco de linguaxe oral, recoñecemento de fonemas, grafías e sons e potenciando, ao mesmo tempo, a creatividade dos nosos alumnos/as empregando o arte e estes  divertidos xogos e actividades, que espero que vos gusten e disfrutedes en familia. 

  • Xogo "Adiviña quen é".  Para facer este xogo imos empregar os nomes dos nosos compañeiros/as ou ben as súas fotos. O obxectivo deste xogo e adiviñar un personaxe misterioso a través de preguntas, que so teñen unha única resposta si ou non. Con este xogo traballamos a memoria, a concentración, a lóxica, o vocabulario e a linguxe, de maneira xeral. Tamén o respecto ás reglas de xogo e as quendas dos xogadores.   
Antes de comenzar co xogo mirade este vídeo para repasar o son e o nome das letras.   


Agora xa podemos comenzar co xogo!! 

 

A algún dos nosos alumnos/as pódelle resultar máis complicado que a outros, porque non todo o noso alumnado ten o mesmo ritmo de aprendizaxe, por iso é moi axeitado xogar co apoio dalgún adulto, que lle poda axudar e guiar no xogo. 
Para aqueles que lles resulte máis fácil, podédeslles complicar o xogo con outras variantes, unha vez que consigamos afianzar a dinámica do xogo, tales como utilizar campos temáticos: frutas, transportes profesións, medios de transportes, xoguetes... 

  • Ovos de Pascua recheos de chocolate. Aquí vos propoño unha divertida actividade para celebrar a Semana Santa, que acaba de rematar. Si pensabades que este ano o coelliño non ía poder traer os ovos de chocolate, non pasa nada pois seremos nos mesmos os que os fagamos. No seguinte video podedes ver como facelo, só necesitades uns ovos, papeis de cores (ou de regalo, revistas vellas ou periódicos antigos), cola branca e bizcoito ou brownie de chocolate.   


* Receta do brownie de chocolate (podedes facer calqueira receta): 


* Vídeo explicativo da actividade: 



  • Xogo "Primaveira".  Trátase dunha variante do clásico xogo do aforcado. No seguinte vídeo podedes ver unha pequenha explicación e mostra do xogo. Recomendamos empezar, como no xogo "Adiviña quen", polo nome dos compañeiros/as e posteriormente xogar por campos temáticos: material escolar, obxectos do dormitorio, útiles da cociña... 


Aquí vos deixo ademáis un enlace onde podedes xogar ao xogo de forma online.



  • Manualidade "Auga máxica". Para facer esta actividade necesitamos un papel de cociña  (que non teña moito grosor e que debemos dobrar á metade) ou ben unha servilleta de papel, un rotulador negro, varios rotuladores de cores, auga e unha bandexa ou recipiente. 
Podedes ver a miña explicación no seguinte vídeo. Tamén vos deixo outro vídeo, do que saquei a idea desta actividade, seguramente mellor explicado co meu 😅😉😜😝




Espero que disfrutedes moito das actividades e, como sempre, podedes mandarme fotos, vídeos ou comentarios sobre as actividades e dificultades que atopachedes por WhatsApp ao meu móvil ou no seguinte mail: pequecies@gmail.com (por favor, non esquezades escribir no asunto do mail o nome e apelidos do alumno/a). 

Pásade unha boa semana e moitos bicos e apertas para TOD@S!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario