PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 12 de abril de 2020

Mensaxe ás familias de infantil e contacontos Nadarín

En primeiro lugar, dende o equipo de docentes de infantil, queremos felicitar ao alumnado polo ben que o están facendo e agradecer ás familias  o voso esforzo para continuar coa formación dos vosos fillos/as.
Xa sabedes que podedes contactar coas titoras a través do email: pequecies@gmail.com para consultarnos calqueira dúbida, dificultade que  surxa, ou consello que necesitedes para afrontar esta difícil e atípica situación que estamos a vivir. 
Moito ánimo!!! Xa queda un día menos e pronto voltaremos estar xuntos no cole. 

Unha grande APERTA a tod@s!!

Ademáis das propostas de tarefas que podedes consultar no blogue:

Non esquezades consultar as tarefas que vos propoñen os mestres de inglés, educación física, educación musical e relixión católica (para quen elixiu esta opción na matrícula).

Pásade unha boa semana!!

Déixovos un contacontos de Ángeles Escribano, que xa estivo de visita no cole durante este curso escolar, e quería deixarvos unha mensaxe e contarvos o conto "Nadarín", xunto co seu inseparable amigo o lobiño Ígor.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario