PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 19 de abril de 2020

Proposta de Actividades do 20 ao 24 de Abril. 3 anos

1. A primeira proposta e visionar o vídeo do conto "A que sabe a lúa". Despois de ver o vídeo podemos falar sobre qué animais saíron no conto, traballar a secuenciación cal saíu antes e cal despois. Conseguiron o final atrapar a lúa e qué lle pasou. 

                                                

2. A segunda proposta é facer unha lúa e para elo repetiremos o experimento do Bicarbonato aquí vos mostro o vídeo. Precisamos 1 kilo de Bicarbonato e 2 vasos de auga amasar todo ata ter unha masa homoxénea a crear as vosas lúas redondiñas.   

               

3. A terceira proposta é fixarnos na forma da lúa vemos que a lúa ten forma redonda. Repasamos os conceptos das formas xeométricas que traballamos na clase: círculo, cadrado, rectángulo e triángulo. En concreto, a lúa ten forma de círculo así temos que atopar na casa dez obxetos con forma de círculos: prato, caixa... a ver quen os atopa todos. 


                            

4. A cuarta proposta é facer unha manualidade para saír a apraudir o balcón. Consiste en ter un cartón de rolo de cociña baleiro enchelo de maíces mismamente os maíces das palomitas servirían e finalmente decoralo libremente podemos decoralo con collage, pintalo, pegar pegatinas. Así conseguiremos unhas maracas e cando saiamos a aplaudir farémolas soar moi forte para animarnos.
                        

                 

5. A quinta proposta co motivo do Día do Libro é crear un marcapáxinas de animal podemos facelo dun animal do conto "A qué sabe a Lúa" ou doutro que nos guste. Primeiro coloreamos un palito depresor con rotuladores de cores. A continuación, pegámoslle un botón para o nariz e unhos ollos móviles. Finalmente, podemos facerlle unhas orellas ou pelo con goma eva ou cartolina. Feliz día do Libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario