PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 14 de abril de 2020

Mindfulness na casa IV

   Ola a tod@s

   Comezamos  un novo  trimestre cheo de esperanza desexando vernos pronto.
   Nesta semana propoñovos diferentes manualidades para traballar a concentración e a respiración e non esquezades  que  podedes continuar pondo  en práctica todo o que xa aprendemos.

   Aprendamos a coser.- Imos facer figuras en cartón, poden ser animais , obxectos, vehículos... e faremoslles buratos por todo o contorno. Buscamos un anaquiño de la e xa podemos comezar  a coser.


   Somos dragons.- Nesta ocasión imos empregar  un tubo de papel hixienico que será o noso dragón. Pintaremolo coa cor que mais nos guste e nun extremo pegaremos un par de boliñas (poden ser pompons , boliñas de papel, bolas de porexpan...) que faran de ollos  e no outro extremo pegaremos outras duas boliñas algo mais pequenas  que serán o nariz. No lado do nariz e pola parte interior imos pegar en todo o contorno tiras de papel seda que serán o lume que bota o dragón, se non temos papel seda podemos sustituir por tiras de plástico feitas a partires dunha bolsa, o importante e que sexa un material lixeiro. Cando estea todo ben sequiño podemos comezar a xogar. Colocamos o dragón na boca, respiramos polo nariz e sopramos  pola boca desde xeito parecerá que o noso dragón bota lume. Podemos probar con distintos tipos de respiración: profunda e continua (a chamarada mais longa pois botamos aire continuamente ata baleirar os pulmons) ou profunda e discontinua (as chamas movense a gran velocidade coma se cuspisemos lume cara varios puntos porque respiramos e logo sopramos repetidamente realizando pequenas pausas entre cada sopro).


   
A moverse.- Imos crear un tapiz de xogo  con folios de cores (se non tedes  podedes pintalos). Crearemos un tapiz de 3x3 folios para os mais pequenos e para os maiores podemos comezar cun de 4x4. En calquer momento podemos ampliar o tapiz, soamente engadiremos mais folios. Colocaremolos uns a caron dos outros e pegaremolos con celo pola beira. Por outra banda nunha folla debuxaremos patrons  de cores (usade  as mesmas cores dos folios). Igual que antes podemos graduar a dificultade: comezamos con 3 cores e imos ampliando, ao comezo as cores son contiguas e despois podemos buscar que teñan que dar pequenos saltos OLLO: o papel movese no chan e podemos caer, mellor colocalo sobre unha alfombra. Pero para entendelo todo mellor nada coma un vídeo.




   Que teñades unha boa semana. Bicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario