PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 19 de abril de 2021

Os minutos en 5 anos

Seguimos traballando o reloxo e as horas e minutos que marca.
Repasamos o que aprenderamos o outro día sobre as horas e as agullas do reloxo. 
Hoxe iniciámonos no conteo dos minutos.
Para elo fixemos un xogo onde unha ra, tiña que ir saltando de charco en charco de 5 en 5. 
Descubrimos que o sumar de 5 en 5 os números sempre rematan en 0 ou 5.
Axudámonos dos nosos dedos e dos dedos dos nosos compañeiros/as para poder sumar de 5 en 5, posto que nós soamente temos 10 dedos nas mans.  

Seguiremos practicando para afianzar o concepto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario