PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 20 de abril de 2021

Emocións en 5 anos

A partires do conto "Que sentes?", creamos diferentes emocións con pezas soltas que temos na nosa aula.


Potenciamos así a súa creatividade e imaxinación. E coñecemos con esta técnica o arte efímero
 

Primeiro lemos o conto, no que se describe perfectamente diversas situacións e as emocións que nos producen esas situacións. 
Tamén no conto se fala do cambio dunha emoción a outra, por exemplo, despois da ira e o enfado, normalmente pasamos á tristeza pola nosa reacción. 
Despois cada un de nós describiu algunha situación na que experimentaron esa emoción.
É finalmente conversamos sobre algunhas estratexias que nos permiten afrontar esas situacións de maneira máis satisfactoria. 
Así por exemplo, se sentimos tristeza podemos recordar outras situacións que nos fagan felices ou coller o nosos xogo favorito, se nos sentimos sós, podemos pedir un abrazo, se nos da medo algo podemos recordar outras cousas que nos deran medo cando éramos máis activos e que finalmente conseguimos facer e non forin para tanto...
Rematamos a actividade construindo unha cariña que mostre a emoción que cada neno/a elixise.


No hay comentarios:

Publicar un comentario