PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 21 de abril de 2021

Sumas, restas e sobres para o agasallo do Día do Libro en 5 anos

Hoxe traballamos as sumas e as restas na nosa aula, pero dun xeito diferente.
Nesta ocasión, dannos o resultado dunha operación e debemos sinalar cal das operacións é a correcta para obter ese resultado.


Se é correcta a operación colocamos o símbolo de visto ✔️  e se é errónea colocamos o símbolo do erro ❌. Aprendendo así, con este xogo, dous símbolos novos dun xeito máis lúdico e motivador. 

Tamén comezamos a decorar un sobre para levar  a nosa casa o venres 23 de abril (o día do libro) un conto, co que nos agasallará a biblioteca do centro (do espurgo feito este ano dos contos máis antigos) para conmemorar ese día. Deste xeito, reciclamos os contos da biblioteca, dándolles un novo fogar.

Para decorar os sobres empregamos a técnica do debuxo libre con acuarelas. Dado que, ás veces, é mellor dar libertade ao alumnado para fomentar a súa imaxinación, facendo verdadeiras obras de arte!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario