PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 8 de abril de 2021

Aniversario Alba e figuras xeométricas en 5 anos

Hoxe tocaba o empréstito de libros da biblioteca. Para recordar que día debemos devolvelos, anotamos na nosas axendas o día no que temos que traelos de volta: o xoves 22 de abril.

  
Tamén festexamos o aniversario de Alba, que hoxe cumpría 6 anos.

Alba cóntounos e móstrounos moitos recordos de cando era máis cativa: a orla da guardería, o seu mandil de cando era máis pequeniña, unha ecografía, o seu chupete de cando era bebé, un peluche dun osiño que lle regalo a súa nai, fotos da súa familia e algún traballiño de Nadal que fixo con 3 anos.

Despois decoramos a súa felicitación de aniversario e ademáis os demais nenos/as da aula fixéronlle un libro con debuxos para que levase a casa.

Tamén iniciámonos no coñecemento de novas forma xeométricas: o cono, o cubo e a esfera.

E comparámolas con outras figuras moi similares (o triángulo, o cadrado e o círculo) e vemos as diferencias entre ambas.
Finalmente entre todos pensamos obxectos que tivesen esa forma e puxémolas en común. 

☑️ CONO: cucurucho xelado, sombrero de bruxa, punta do lapis, cono de tráfico, volcán, tellado... 
☑️ ESFERA: sol, lúa chea, cabeza, ollos, mazá, mandarina, cereixas, pelota, globos... 
☑️ CUBO: caixa, dado, cubo de Rubik, paredes da casa... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario