PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 15 de abril de 2021

Iniciación no manexo do reloxo en 5 anos

Hoxe iniciámonos no manexo do reloxo e no coñecemento das horas e minutos.


O coñecemento das horas foi doado de entender, porque enseguida captaron que os reloxo se compoñen de dúas agullas, unha máis lunga e outra máis curta. A que nos indica as horas é a máis curta.

Pero o coñecemento dos minutos foi máis complexo, pois temos que ir sumando de 5 en 5 para saber cantos minutos marca un reloxo. Algo que aínda debemos afianzar en posteriores clases.

Despois xogamos a ver que hora. Primeiro eu movía a agulla e logo eles dicían a hora que marcaba. Nun segundo momento un neno ou nena colocaba as agullas e agora eran os compañeiros/as os qué debían averiguar cal era.

Para rematar fixemos unha ficha co noso  libro de matemáticas manipulativas "Canicas", relacionada coas horas, onde tiñan que identificar os dous reloxos que marcaban a mesma hora e dicir cal é.


No hay comentarios:

Publicar un comentario