PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 6 de abril de 2021

Xogo equilibrios de regletas en 5 anos

Continuamos traballando as medidas e a decena coas regletas.


Nesta ocasión medimos as diferentes pezas das regretas para comprobar que a regreta do 1 mide 1 cm, a do 2 dous cm e así ata chegar a do 10, que mide 10 cm.

Despois fixemos o xogo "Torre de regretas", un xogo de equilibrios coas regletas para afianzar estes conceptos, e traballar así dun xeito más divertido o concepto.

O alumnado, en quendas, dentro do seu equipo de traballo lanza un dado e ten que colocar a regreta que equivale a esa medida. Así por exemplo, se sae o número 2 no dado ten que colocar a regreta vermella. 
Despois o seguinte neno/a lanza o dado e debe colocar a regreta correspondente enriba da outra, manténdoas en equilibrio sen que se desmonte a torre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario