PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 7 de abril de 2021

Vivan as unllas de cores en 5 anos

Hoxe a través do conto "Vivan las uñas de colores“, traballamos valores democráticos tan importantes como a tolerancia, o respecto e a igualdade entre xéneros.


O protagonista do conto é un neno ao que lle encanta pintarse as unllas de cores moi alegres, igual que el. Pero todo cambia cando un día na escola comezan a meterse con el outros nenos/as e a dicirlle que pintarse as unllas é cousa de nenas. Juan decide entón non voltar a pintalas nunca máis para ir ao comexio... ata que no día do seu aniversario a súa clase prepáralle como sorpresa pintarse todos as unllas de cores moi alegres, coma el.
Despois de ler o conto, reflexionamos entre todos se debemos renunciar a facer as cousas que nos gusten só porque algunha xente considera que non é axeitado e como nos fai sentirse iso.
Finalmente rematamos a xornada facendo un obradoiro de pintado de unllas.
Eliximos as cores que máis nos gustaban, escollimos os compañeiros que nos podían axudar a pintalas e puxemos o mans á obra.

Queredes velo???


No hay comentarios:

Publicar un comentario