PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 2 de febrero de 2021

Xogos patio, traballo da Paz rematado e iniciación as minúsculas en 5 anos

Aínda que hoxe facia un día un pouco chuvioso na nosa clase sempre o pasamos xenial.

Hoxe rematamos o traballo da Paz, poñéndolle un marco branco, que decoramos con diversos grafismos cuns rotuladores novos que escriben a dobre línea. Estes rotuladores causaron sensación na nosa aula e xa estamos desexando volver empregalos!!!
Tamén lle puxemos unhas etiquetas decorativas e escribimos nelas a palabra paz con rotuladores brancos (tamén novos).

   
Despois na hora de patio unha nena pediume xogar co ela ao xogo do escondite inglés e de súpeto e de forma espontánea estábamos toda a clase XOGANDO  a ese xogo. Encántame ver como xogan todos xuntos, sen conflictos e preocupándose os uns polos outros.  

  
Finalmente tamén tivemos tempo para poñer en común cantos nen@s preguntaron na casa se os seus familiares escribían en minúsculas ou maiúscula. Os que se lembraron contáronnolo e despois volvemos practicar a reproducir as letras en minúsculas do mes de febreiro. 

 
E xa non tivemos tempo para máis, pero podedes ver o video con todo o que aprendemos hoxe!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario