PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 12 de febrero de 2021

Entroido e traballo por equipos en 5 anos

Hoxe rematamos a semana do Entroido... E fixémolo con disfraces moi, pero que moi orixinais!!!


Ademáis fixemos equipos de traballo, organizando a nosa aula nos tres equipos colaborativos que temos: osos, raposos e curuxas. 
A encargada desta semana (Julia) asignoulle a cada equipo unha tarefa diferente. 

Os raposos fixeron as letras para o mural de Rosalía de Castro: "Achegándonos a Rosalía de Castro: unha Gran muller". 

Os osos remataron de escribir as receitas da semana da froita, coas que faremos un recetario coa nosa receita e as das demais aulas de infantil. 

E as curuxas fixeron  a portada do noso recetario saudable, empregando diferentes materiais para elo. 

É agora toca descansar durante 5 días... Vémonos pronto!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario