PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 8 de febrero de 2021

Ordes do Meco e conceptos lixeiro ou pesado en 5 anos

Hoxe comezamos a semana coa primeira orde do Meco, na que tiñamos que vir ataviados como deportistas.

Todos viñemos moi orixinais cos nosos traxes e deportes favoritos de ballet, taikundo, fútbol, natación, corredores e animadores.

  
Tamén fomos ler a orde de mañá, na que o Meco nos di que con froitas e verduras nos temos que decorar.

 
 
Tamén traballamos o concepto de lixeiro ou pesado. Primeiro cada alumno fixo unha hipotese sobre se algúns obxectos eran pesados ou lixeiros (plumas, pedras, follas, contos, pesas baleiras e cheas de terra, caixas...) e logo comprobamos a nosa hipotese, collendo os obxectos e comparándoos con outros.


Finalmente plasmamos todo o traballo feito nunha ficha, clasificando os obxectos en lixeiros ou pesados. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario