PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

martes, 23 de febrero de 2021

Ilustracións con papel de rascar en 5 anos

Comezamos a traballar o Día da muller traballadora, que se conmemora o 8 marzo.
A proposta deste ano do colexio e crear unha flor onde cada pétalo esté adicado a unha muller que destacase en diferentes ámbitos laborais.
En 5 anos decidimos traballar sobre Anna Llenas, unha grande ilustradora actual, que resulta que aínda que non era coñecida polo alumnado, si que coñecían o seu traballo porque é a autora de moitas das ilustracións dos nosos contos favoritos. 
✔️ Topito Terremoto. 
✔️ Vacío. 
✔️ Te quiero casi siempre. 
✔️ O monstruo e cores.

Así que decidimos converternos en ilustradores por un día, e recrear os personaxes do seus contos.

Empregamos para elo un papel de rascar, que é moi parecido a técnica do Esgrafiado, que xa empregaramos en 3 e 4 anos. Pero este papel e moito máis limpo.
Tivo tanto éxito que por petición popular levaron as súas casas un anaquiño de papel para continuar facendo as súas creacións. 

Primeiro practicamos nos nosos encerados porque neste tipo de papel non se pode borrar. 

E finalmente fixemos a nosa ilustración nestes papeis máxicos, onde despois de rascar, aparecen os debuxos con cores moi vivas. 


A verdade é que descubrimos que na aula temos grandes ilustradores!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario