PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

lunes, 1 de febrero de 2021

Rutinas aula e proposta creativa: pintando a catro mans en 5 anos

Hoxe comezamos a semana cunha nova encargada de aula: Carla. 


Cada semana, o luns, o encargado/a debe pasar a lista, contar cántas nenas e nenos hai na aula e facer a suma, ver o tempo qué fai hoxe, sinala o día da semana e do mes no que estamos, buscar as letras do seu nome para colocar no panel de encargado e sacar unha mensaxe do bote dos piripos. 

Ademais hoxe como comezamos un novo mes, debemos escribir os días que ten este mes e o nome do mes no que nos atopamos no calendario mensual (que estaba baleiro). 

Aproveitando que estamos no mes de febreiro e que as letras maiúsculas xa as coñecen, comezamos a traballar as minúsculas do mes no que nos atopamos. 
Hoxe vimos as letras que ten FEBREIRO, e practicamos a escribilo en cursiva e imprenta. 

Introduzco simultáneamente os dous tipos de letras para que as coñezan porque a maioria de contos veñen en imprenta e é o tipo de letras máis habitual que se atopan en carteis. Pero tamén é importante que coñezan a cursiva porque favorece a motricidade fina porque os trazos son máis complexos. 
Ademais expliqueilles que a maior parte dos adultos escribimos con letras en imprenta. 
Por iso, como deberes  díxenlles que lle pedisen a un adulto da casa (nai, pai, avó, coidador...) que lle escribise unha mensaxe e observasen se estaba escrita en maiúsculas ou minúscula ( e en imprenta ou cursiva). A ver se algún se acorda mañá de contalo 😉. 

Tamén fixemos unha proposta creativa: o debuxo a catro mans. 

Tiñan que debuxar unha serie de figuras xeométricas nunha ficha e logo elixir un compañeiro/a da mesa para que convertirse a forma xeométrica nun debuxo. 

Fixeron cos triángulos sombreiros de cumpreanos, cos  óvalos bonecos de neve, pizzas, vermes, cariñas sonrientes ou tartas, cos rectángulos agasallos, mobles e caixas e cos rombos papaventos (cometas), entre outras cousas. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario