PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 19 de febrero de 2021

Pintamos con pompóns e facemos botes de calma e amor en 5 anos

Comezamos a xornada vendo o calendario na asamblea. Como hoxe era venres aproveitamos para ver as grafías minúsculas do venres. 


Ademáis hoxe rematamos de traballar o "Día do amor e da amizade" con dúas propostas novas:

☑️ Facemos un bote de calma e amor. Os botes de calma son unha ferramenta que sirve aos cativos/as para relaxarse e manexar as emocións. 
Cada grupo creou o seu propio bote de calma, elixindo os cores que querían e os elementos que lle ían botar: purpurina, pompóns e estrelas de diversos cores. 
Hoxe non tivemos moito tempo de xogar con eles, pero a partires de agora, poderán empregalos sempre que o desexen. 


☑️ Facemos grafismo creativo dun corazón.
Nesta actividade a novidade foi introducir grafismos máis complicados e pintar o fondo do corazón cunha técnica nova: estampación con pompóns. 
Empregamos para elo unha pinza da roupa, un pompón e dúas cores. Pero sobre todo empregamos a diversión e a destreza motriz. 

Queredes velo todo con máis detalle? 
Pícade no seguinte vídeo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario