PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

viernes, 5 de febrero de 2021

Orden Meco, Rosalía de Castro e números en 5 anos

Hoxe o chegar ao cole fomos ler a nova orden do Meco entre todos, cada un lía un pedaciño e se non éramos quenes de facelo sós, pedíamoslle axuda a algún compañeir@.

Así desciframos a mensaxe de que o luns tiñamos que vir ataviados dalgún deporte. Estivemos falando de que deportes coñeciamos: ballet, taikondo, fútbol, baloncesto, natación, atletismo... E decidimos que podíamos facer os nosos traxes con calqueira elemento que teñamos na casa para vir. Por exemplo, cun pantalón branco, camiseta ou xersei  branco e una cinta de cor podíamos facer un traxe de taikondo.

Despois na aula rematamos o traballo de Rosalía de Castro e descubrimos que morrera hai máis de 135 anos. 
Onte decoramos o fondo e hoxe tocounos pintar a Rosalía e decorar a súa máscara anticovid. 

 
Quedounos un traballo precioso!!! 


Tamén tivemos tempo de facer unha ficha sobre o número oito. Pero para poder lévala a cabo primeiro practicamos na asamblea. 

Tiñamos que colocar 8 canicas nunha bandeixa e buscar o número oito. Posteriormente fomos practicando con distintas cantidades. Un alumno/a ía saíndo ao centro da asamblea e decidía que cantidade de canicas puña na bandeixa e outro alumno/a as contaba e buscaba o número correspondente. 

Aquí podedes ver un pedaciño da actividade!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario