PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

miércoles, 3 de febrero de 2021

Creacións con figuras xeométricas e número 8 en 5 anos

Hoxe démoslle continuidade a actividade do outro día: a das creacións a 4 mans.

Nesta ocasión cada alumno/a debía orixinar a súa propia creación partindo das figuras xeométricas do outro día.
Entre outras cousas fixeron pistas de aterrizaxe, cohetes, arcos da vella, cariñas, velas, casiñas e ata o universo... E só empregando rombos, rectángulos, óvalos e triángulos.

Con esta actividade potenciamos a súa imaxinación e a creatividade, pero tamén traballamos a planificación porque primeiro deben pensar o que queren crear, cales son as figuras xeométricas que van empregar e como as van a utilizar e colocar. 

Tamén estivemos repasando o trazo do oito, cunha actividade na que debiamos troquelar 8 figuriñas con diversos papeis decorativos e logo facer sós o trazo do oito. 

Como o alumnado ten diversos ritmos de aprendizaxe, non todos foron capaces de facelo por si sós e necesitaron a miña axuda ou a dalgún compañeiro para que lles dese algunha pista de como facelo de maneira más sinxela.

Por último, aproveitando que por fin non chovia e nos tocaba o patio de herba, disfutamos dun divertidísimo tempo de lecer co tobogán, xa que durante o primeiro trimestre non o puidemos utilizar. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario