PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

jueves, 4 de febrero de 2021

Líneas quebradas e comezo do Entroido en 5 anos

Hoxe tocaba de novo o empréstito de libros da biblioteca, así que por equipos de traballo fomos elixindo cada un o que máis lle gustaba. 

Como os contos teñen que estar en cuarentena 14 día na nosa aula, decidimos escribir na nosa axenda o día no que debemos devolvelos, para que non se nos esqueza (sempre é en xoves alternos).

Tamén fomos visitar o Meco, que xa chegou a escola. Cada día iremos visitalo para coñecer as ordes. 

Por último comezamos a traballar a Rosalía de Castro, que foi unha gran muller galega. Imos facer un mural co seu retrato para conmemorar o día de Rosalía de Castro o 24 de febreiro. Hoxe comezamos a facer o fondo do mesmo, con líneas quebradas de diversos cores. Nos vindeiro días amosarei como vai quedando o noso mural de Rosalía de Castro. 

Déixovos un vídeo co resumo de todas estas actividades.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario