PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 10 de mayo de 2020

Actividades do 11 o 15 de Maio. 3 anos.

A primeira proposta é continuar coas rutinas da clase. Esta semana propóñovos visionar o vídeo da poesía da"Ventanita de mi Clase". A continuación, esta semana debedes observar o tempo dende a ventanita da vosa casa e debuxalo se fai sol, nubes, chove..          A segunda proposta é facer un novo Experimento propóñovos facer un tornado. Precisamos un frasco transparente con tapa, deterxente para lavar pratos, lentejuelas e moita forza. Enchemos o frasco con auga e xabón agregamos colorante se temos e lentejuelas. Tapamos o frasco e o xiramos moi forte.https://pin.it/6i2s5zf

A terceira proposta é seguir practicando o esquema corporal. É moi importante que representen todos os elementos da cara e corpo a súa maneira eso sí. Podemos escoitar a canción de Debuxar un Monigote que a oíamos na clase 

A cuarta proposta é unha canción de repaso que cantabamos coa rutina do tempo.
 
A quinta proposta é un Xogo de Memoria coas fotos dos nenos e nenas da clase. Son 3 xogos en total e tedes que emparellar a cada compañeiro coa súa foto. Tedes que pinchar nos enlaces para poder xogar https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5509388-memory_aula_3_anos.html  https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5509388-memory_aula_3_anos.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5509388-memory_aula_3_anos.html
Finalmente felicitar a Ares que está de cumpreanos o día 14. Parabens Ares.

No hay comentarios:

Publicar un comentario