PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 24 de mayo de 2020

ACTIVIDADES DO 25 AO 29 DE MAIO. 5 ANOS

Neste vídeo veredes algunhas das actividades que fixestes esta semana. Grazas a tod@s polo esforzo e noraboa polo gran traballo.







Esta semana propóñovos as seguintes actividades:

1. Conto "El pirata Pata de lata".


A continuación facer un debuxo do pirata Pata de Lata.
Na semana pasada vimos un xogo de rimas. Podemos xogar a buscar palabras que rimen con pirata, loro, espada, tesoro... 
Facer unha búsqueda do tesouro: esconder un obxecto pola casa e o nen@ terá que atopalo por medio de pistas.
Colorear o barco pirata on line (actividade para facer co ordenador):https://www.colorear-online.com/colorear-piratas/pirata6/index.php

2. Manualidades sobre o conto. Crear un barco pirata con caixas de ovos, un garfio cun vaso e papel de aluminio, un pirata cun rolo de papel, un catalejo...
Escolle o que máis che guste.






3. Canción. Bailar e cantar a canción "O Pirata Metepata" de Mamá Cabra.


4. Diferencias: Observar as imaxes e buscar as 5 diferencias. É moi importante estar nun ambiente tranquilo que facilite a concentración.



5. Problemas de piratas. Intentamos resolver problemas sinxelos. Vemos antes uns vídeos de sumas e restas sinxelas.




Logo plantexamos estes problemas. É importante resolvelos de xeito manipulativo. Podedes empregar moedas de chocolate, caramelos, chapas, canicas ou outros obxectos que o nen@ poida manipular. Tamén poden empregar monecos como se fosen piratas, caixas como cofres...
Podemos variar as cantidades e o grado de dificultade dependendo do nen@.
O adulto debe plantexar o problema e o nen@ debe resolvelo por sí mesmo sen darlle a solución no caso de que a resposta non sexa correcta. O adulto pode axudar a través de preguntas que o fagan pensar se a resposta fose errónea.





-Un pirata ten 7 moedas nun cofre e 3 noutro,  cantas moedas ten en total?

-Un pirata ten 3 cofres en cada cofre garda 3 moedas. Cantas moedas ten en total?

-Un pirata ten 10 moedas e regálalle 4 a outro pirata. Cantas moedas lle quedan?

-Repartir moedas entre 2 piratas para que teñan a mesma cantidade.

Tamén poden facer as operacións nun papel escribindo os números, debuxando os piratas, os cofres, as moedas, pegando gomets ou o que os nenos consideren necesario para chegar á solución.


Infórmovos que a vindeira semana as actividades estarán propostas polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do colexio e esa semana as actividades estarán relacionadas co respeto e coidado do medio ambiente que se celebra o día 5 de xuño.

Grazas. Que pasedes boa semana!




No hay comentarios:

Publicar un comentario