PEQUECIES

PEQUECIES
El blog de Educación Infantil del CEIP Illas Cies

domingo, 24 de mayo de 2020

Mindfulness na casa IX

   Ola a todos

   Esta semana comezamos traballando a respiración. Aínda que o vídeo está en inglés podedes seguilo con facilidade. Basicamente cando se achega a imaxe inspiramos (respiramos polo nariz.) e cando se afasta expiramos (expulsamos o aire pola boca). Hai algunhas inspiracións que son algo longas, nestes casos mantemos o aire agardando  o momento para expulsalo .



   Propóñovos agora un xogo en equipo de máxima concentración. Imos debuxar unha espiral grande e ancha como a da imaxe. O obxectivo é realizar un trazo polo medio do que xa temos. A complicación é que imos facer o trazo sen suxeitar o útil de escritura (preferiblemente un rotulador de punta grosa). Para iso imos atar dúas cordas, fíos, limpiapipas... ao rotulador. Cada persoa collerá dous extremos da mesma corda e tirando entre ambos farán o percorrido.




   Para rematar un xogo para exercitar a memoria e a concentración. Necesitades follas de cores sendo sempre dúas da mesma cor. Sentamos un fronte ao outro e colocamos diante de cada un as follas de cores exactamente na mesma orde. Comenzaremos soamente con dúas cores e podemos ir complicando a actividade en función da resposta da nosa crianza. Déixovos un vídeo para que vexades como se desenvolve a actividade ( o adulto propón unha serie de cor e a crianza reproduce o modelo, cando comprenda a dinámica podemos cambiar roles)



   Boa semana a todos.
   Biquiños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario